viernes, 5 de junio de 2026

ANIMAIS SALVAXES

Ola familias,

esta semana na aula estivemos traballando os animais salvaxes; cales son, tipos, de qué se alimentan, cómo son as zonas nas que viven.. Fixemos distintas actividades relacionadas cos mesmos así como algún trivial para poder comprobar os coñecementos adquiridos.

Tamén coñecimos as novas mascotas que temos no centro, máis concretamente na aula dos nosos compis de 3 anos, 3 pitiños que xa naceron: Pepe, Lilo e Piolín. Están todos encantados con eles 😊

Veremos qué animais nos tocan a próxima semana.

A profe Bárbara.