viernes, 12 de junio de 2026

SEMANA DOS INSECTOS

Ola familias,

esta semana estivemos co maravilloso mundo dos insectos. O pai de Daniela trouxo un formigueiro para a clase, e explicounos todo o proceso de traballo das formigas. Por outro lado, os rapaces aprenderon como son os insectos, que comen, tipos, etc. e tamén nos visitaron os compañeiros e compañeiras da ESO para ensinarnos como traballan co robot programado por eles mesmos e... encantounos!! Moitisimas gracias polo traballo realizado!

Por último dicirvos que  esta semana fixemos varias merendas de picnic no cole, e o pasamos pipa. Puidemos ver de primeira man varios dos insectos que víramos na aula.

Xa estamos contando os días para a excursión de fin de curso, queda a derradeira semana de curso.

A profe Bárbara.