🎃🕷️
Durante estas semanas, na aula de 5 anos estivemos a realizar diferentes actividades relacionadas co Samaín, combinando diversión e creatividade con propostas para reforzar a nosa motricidade fina.
Creamos divertidas teas de araña coas súas pequenas arañas, picamos cabazas para decorar as fiestras da nosa aula e convertémonos en pequenos aprendices de meigas preparando o noso propio conxuro da queimada.
Foron uns días cheos de maxia, risas e momentos compartidos nos que aprendemos xogando e, sobre todo, gozamos dunha das celebracións máis divertidas do outono.
Bo Samaín a todos e todas! 🧡🎃
*Profe Gabby*
