Ola familias,
onte celebramos a graduación dos rapaces e rapazas de 5 anos. Foi unha tarde moi bonita, onde todos estaban moi nerviosos e ilusionados. Miramos un video recordo destes 3 anos en educación infantil, despois de votar algunha que outra bágoa fixeron un baile increíble, e por último, celebramos a nosa graduación!
Agradecemento moi grande tamén ás familias, de corázón! Non teño palabras suficientes para expresar o de onte. Gracias! 😘
Unha aperta moi grande da vosa profe, sei que o faredes igual de ben que ata agora.
Nota: por aquí vos deixo o Podcast que fixeron hoxe os rapaces, agardamos que vos guste 😊 NUESTRA FIESTA
Bárbara.
