Ola familias,
esta semana comezamos a primeira toma de contacto cos cadernos dos Cokitos. Pase de bits, aprender as retahílas para saber como facer cada unha das letras, as letriformas... A verdade é que nos gustan moito, e desta maneira aprenden dunha forma máis divertida a traballalas.
Polo medio tamén tivemos traballo de motricidade
fina, debuxamos as letras sobre arroz, pintamos entre todos a Camaleo, a mascota da biblioteca, xogos de mesa (que nos encantan!) e démoslle a benvida a unha nova compi, Chloe.
Boa fin de semana.
A profe Bárbara.