martes, 9 de diciembre de 2025

CLASIFICAMOS PALABRAS

Ola familias,

Na clase fixemos un xogo con algunhas palabras das que temos aprendido ata agora, sobre todo as que comezan por P e L. Consistía en colorear a imaxe que nos tocaba e despois, segun comezase por P ou por L, poñela debaixo da súa letra correspondente.

Gustoulles moito e seguramente a repetiremos con outras letras das que iremos aprendendo.

A profe Bárbara.