lunes, 7 de abril de 2025

O Señor Estudioso e a Maleta Viaxeira


 

Esta semana repasamos a Maleta Viaxeira e as nosas experiencias co Señor Estudioso.
Álex deulle o relevo do Señor Estudioso a Aitana, que o levará esta semana. Na compañía de Álex pasouno moi ben eses días, fixeron moitas cousas xuntos e desfrutaron contándonolas. 
Moitas grazas Álex.

Luca escolleu o libro de "Los amigos de Rayo", que ten moitos crebacabezas. Contounos o conto seguindo as imaxes e díxonos que lle gustou moito que a súa nai lle lera o conto mentres xogaba co libro. Alegrámonos moito que gozaras do libro.
Moitas grazas Luca.

Saudiña para todos e todas.

As mestras de 6º de Ed. Infantil.