martes, 5 de marzo de 2024

EXCURSIÓN A ALLARIZ

Ola familias,

hoxe todo o cole fumos de excursión a Allariz, un pobo moi bonito da provincia de Ourense. A nos tocounos visitar o Museo do xoguete, súper recomendable, por certo. Os pequenos puideron ver todo tipo de xoguetes e de épocas moi distintas, iso si, gustaron todos (tanto aos rapaces como á profe 😅). Unha vez rematamos a visita, visitamos un pouco o casco vello, merendamos e dimos un paseo arredor do río, atopamos un parque es estivemos ali xogando a almorzando.

Pasárono en grande!!

A profe Bárbara.