Ola familias,
onte visitamos a biblioteca que temos ó lado do cole, a biblioteca Xosé Neira Vilas. Gustounos moito a experiencia, contáronnos qué cousas se facian alí, para qué servía… e léronnos uns contos moi chulos: Maruchi e os ganchos, O traxe novo de rei (en versión teatrillo), Atuendos, Os petos de Loreto, Súper niño, Los disfraces del señor Coc, Bip bip ¡magia! e La vocecita. Despois da lectura fixeron un obradoiro de creación de atuendos que colgaron do tendal. Quedoulles moi bonito e desfrutaron moito.
A profe Bárbara.


