Ola familias,
hoxe na aula estivemos manipulando as diferentes follas, froitos, etc. que recolectamos o día que visitamos o Parque forestal de Beade. Os nenos e nenas observaron os distintos aspectos que poden ter as follas, cómo nacen as castañas… e iso tamén nos serviu para traballar as matemáticas: contando cantos froitos había de cada cousa, cantas follas, cal era máis grande, etc. Sacámoslles moito partido!
A profe Bárbara.


