Ola familias!!!
Hoxe foi un día moi especial e emotivo. Só quero darvos as GRAZAS, en maiúscula, por un curso formidable. Espero que gozásedes, do mesmo xeito que puiden gozar eu cada día en clase.
Mañá, diremos "Ata o próximo curso", que un adeus non hai que dicilo nunca. Pero hoxe aplaudímoslles, fixéronnos sorrir, e conseguistes que ata ao profe escápeselle máis dunha lagrimita.
Moitas grazas familias!
O profe Fran