Ola mamis e papis!!!
A continuación déixovos varias ligazóns de actividades para que algúns nenas ou nenos non perdan o ritmo durante as vacacións.
Caderno con letras para repasar, exercicios para aprender a contar do 1 ao 10, series lóxicas con 4 cores, exercicios de grafomotricidad e actividades para traballar a lateralidade:
Caderno de actividades variadas
Os exercicios de grafomotricidad son especialmente útiles para axudar a nenos con problemas de disgrafia. Estes exercicios serven para traballar a motricidade fina e supoñen unha axuda á hora de tratar a disgrafia.
Caderno dedicado ao conto de "La Cenicienta", con actividades variadas, debuxos para colorear, labirintos, números, sudokus e moito máis.
Caderno actividades "La Cenicienta"
Con estes exercicios para aprender a recortar os nenos e nenas de practicarán as habilidades manuais do recorte e motricidade fina.
Xogo de sumas. Practicar as sumas de forma lúdica.
Xogo de restas. Do mesmo xeito que o xogo anterior, pero esta vez poñendo en práctica as restas.
O profe Fran