Ola familias!!
Aos poucos a Fábrica achégase ao seu fin, e as cousas complícanse. Estas dúas últimas semanas pasaron pola Fábrica un par de personaxes curiosos, que nos fixeron unha lea enorme.
Por unha banda veu o galo Kirico, un personaxe moi soberbio, que por crerse mellor que ninguén terminou moi mal. E doutra banda apareceu o pequeno Coello Branco, quen nos mostrou que ás veces a axuda aparece da forma máis inesperada e que ata o máis pequeno pode vencer ao máis forte.
Con todo presentáronnos as letras k e q. E aquí é onde todo se complica. Temos a c, a k, a q (que resulta que hai que engadirlle unha letra u)... vaia, vaia... Cando se escribe unha e cando outra?
O profe Fran

