jueves, 4 de mayo de 2023

Cora vai a casa de...

 Ola mamis e papis

A semana pasada Cora estivo na casa de Claudia. Aínda que o tempo non lles acompañou fixeron unha chea de cousas xuntas. O venres estiveron coa súa amiga Alicia e logo á revisión do oculista. O sábado cortáronse o pelo e foron a baile. Coméronse unha hamburguesa e terminaron o finde nun parque de bólas.

Foi unha fin de semana marabillosa, ata Cora estivo á beira de Claudia cando se lle caeu un dente e veu o ratiño Pérez!! Moitas grazas Claudia, para Cora foron uns días incribles! 



O profe Fran