sábado, 25 de marzo de 2023

Inventos antigos

 Ola mamis e papis!

En Castoria, nosa querida mascota Cora, falounos de diferentes inventos que cambiaron a historia, ou, polo menos, que nos facilitaron noso día a día. Todos sabemos o que é un móbil, e para que serve: falar por teléfono, escribir textos, ver vídeos, facer fotos, escoitar música...

Antes, para facer esas cousas necesitabamos aparellos diferentes! O teléfono só servía para chamar, a máquina de escribir só para escribir e, as cámaras pois para ser só cámaras e facer fotos.

Como cambiou a tecnoloxía!


O profe Fran