viernes, 11 de noviembre de 2022

Castoria. Reto superado!

 Ola familias.

Cora, nosa querida mascota, presentáranos un reto: Como facer a rúa máis sostible?

A verdade que nos custou un pouco, xa que iso de "sostible" non o entendiamos moi ben. Sabemos que ten que ver con coidar as cousas, que funcionen mellor sen danar ás plantas, ou aos animais. Pero cústanos un pouco.

Aínda así, durante todo este reto, aprendemos moitísimas cousas sobre as rúa e a nosa contorna. A importancia das normas de tráfico, sinais, semáforos... Os diferentes medios de transporte. A importancia da reciclaxe.... Aprendemos tanto que Cora dá o noso reto por superado.

Xa temos ganas de ver o seguinte!



O profe Fran