Bó día a todas e a todos.
Hoxe tocou día de emocións e de reforzar a autoestima. O xogo chámase "Cousas boas". Así, fixemos unhas botellas donde o protagonista ou a protagonista eramos cada un de nós... despois os nosos compañeiros e compañeiras escribiron cousas boas sobre nos e finalmente puxemos todo en común. A cara de emoción que tiñan cando escoitaban o que as súas amigas e amigos pensaban deles foi indescriptible!!