Bó día familias!
Todas e todos sabedes que hoxe é un día moi importante, hoxe conmemorase de xeito internacional o día da muller. A procura da igualdade real entre homes e mulleres é un dilema que se debe abordar dende a escola, creando seres humanos cheos de valores non discriminatorios que axudarán a formar un futuro mellor.
A nivel aula estivemos traballando palabras necesarias para lograr esa igualdade como amor, paz, xustiza, tolerancia...Despois creamos a nosa arbore inclusiva xa que se sementamos eses valores crecerán raices moi fortes e florecerá a igualdade.
Ademáis de xeito individual cada nena e cada neno creou unha flor violeta para lle regalar a unha muller do seu entorno pola súa forza e valentía.
A mestra Raquel.