Bó día familias!
O venres pasado fixemos a terceira misión que nos propuxo Cora: Un mantel para o día da festa. Este mantel está personalizado coa nosa man. Quedaron moi divertidos...
Ademáis como todos os venres tamén escoitamos o conto da maleta viaxeira, desta vez toucoulle a nosa amiga Carlota. O título é "Violeta"...un conto que nos ensina que as apariencias poden enganar. Foi moi bonito coñecer a mariposa Violeta, despois disto cada neno e nena dibuxou a Violeta con moitas cores. 🦋
A mestra Raquel

