martes, 26 de octubre de 2021

TRABALLIÑOS DO SAMAÍN!🎃

 Bó día familias!!

Que ganas temos de que chegue o venres e poidamos festexar o samaín cos nosos disfraces!! Para ir animandonos estamos facendo un monton de manualidades sobre este tema: Aquí podedes ver unha coroa que fixemos para converternos en arañas, unhas cabazas que pintamos para ambientar á aula e unhas pequenas arañas que aprendemos a facer con plastilina e que como nos gustaron tanto lle fixemos unha base simulando unha tea de araña!!👻👻👻👻👻


A mestra Raquel 🎃